Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17 de outubro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Alejandro Piñon, delegado de Misións
O noso programa de hoxe quere achegarse á alegría da evanxelización, nunha semana na que a Igrexa celebra a xornada do Domund. Nela pedimos, rezamos e colaboramos cos misioneiros do mundo. O Domund é unha chamada á responsabilidade de todos os cristiáns na evanxelización. Coñecemos da nosa diocese polo menos a catorce misioneiros en países como Tailandia, República Dominicana, Venezuela, Mozambique, Bolivia, Australia, Marrocos, Perú, Colombia ou O Congo… Para falarnos da campaña deste domingo tivemos connosco ao delegado de Misións da nosa diocese, Alejandro Piñón.
Entrevista: Carlos Miranda, delegado de Catequese
Achegámonos á catequese que está a arrancar en moitas das nosas parroquias. O lema deste ano é “Tempo de misión, tempo de catequese”. Para convidarnos nesta tarefa no comezo do curso entrevistamos a Carlos Miranda, delegado de Catequese e Catecumenado da nosa diocese.
Entrevista: Óscar Fernández, vigairo para a Evanxelización
Nun programa adicado á evanxelización non podía faltar un achegamento á vigairía diocesana para a Evanxelización, que se encarga de coordinar a tarefa das delegacións de Catequese, Xuventude, Vocacións, Ensino, Misións, Pastoral Rural, Pastoral do Mar, Ecumenismo e Pastoral da Carretera. Falamos co vigairo, Óscar Fernández, acerca de comunicar, evanxelizar, transmitir… e de como vive a diocese de Mondoñedo-Ferrol este momento e este desafío.
Para pensar: «La semilla y el viento»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o seminarista diocesano Andrés Segura.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















