«El Espejo» (19.01.2024): Unidad de los cristianos + Lectorado de Darío Trujillo

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 12 de xaneiro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Benito Méndez, delegado de Ecumenismo

Entrevista ao delegado diocesano de Ecumenismo, o teólogo Benito Méndez Fernández, con motivo da celebración da Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns. Con é analizaremos esta xornada, o seu significado, os actos que se están preparando desde a diocese e cuestións de tanto calado como a colabración das distintas Igrexas, a comunicación cos mozos, o conflito bélico de Gaza ou o descubrimento da mensaxe de Jesús desde unha óptica ecuménica


Entrevista: Darío Trujillo, seminarista diocesano

A diocese celebrará o Domingo da Palabra, o 21 de xaneiro, dunha maneira especial: na parroquia de Santa María de Vilalba, recibirá o ministerio do lectorado Darío Trujillo Valencia, seminarista da nosa diocese, no marco da misa dominical. O ministerio do lectorado é un servizo instituido dentro da Igrexa que ten como finalidade a proclamación da palabra de Deus nas asembleas litúrxicas. Ao recibir este ministerio, o candidato comprométese a coñecer, estudar, proclamar e vivir mellor a Palabra que ensina.


Para pensar: «El cantero»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro acompáñannos as madres mercedarias de Ferrol.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas