«El Espejo» (19.12.2025): Sembradores de Estrellas + Nadal e solidaridade en Mondoñedo e Burela

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 19 de decembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.

Último programa do ano 2025. Voltaremos o vindeiro 9 de xaneiro. Bo Nadal e proveitoso 2026!


Entrevista: Loli Rozas, Hija de la Caridad de San Vicente de Paúl en Mondoñedo

O Nadal non é un día ao ano, senón que hai lugares onde a solidariedade do Nadal realízase todos os días no compromiso, no amor e na entrega. O próximo 25 de decembro, o bispo celebrará a eucaristía de Nadal no Hospital San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, unha casa onde se constrúe a alegría na atención integral a persoas con discapacidade física e psíquica. Achegámonos hoxe a un fogar dun forte compromiso e dunha continua dedicación. Quixemos hoxe que nos contase como é na actualidade este centro a súa superiora, Loli Rozas.


Entrevista: Cristina Fernández, UPA Caranza-El Pilar

Este domingo 21 de decembro algo grande vai suceder en Caranza. A través da campaña «Sembradores de Estrellas» convídasenos a poñer unha estrela e a cantar ao Nadal, reforzando así o espírito comunitario e do Nadal do barrio de Caranza. Para contárnolo, temos hoxe connosco no Espello a Cris Fernández Massa.


Entrevista: Martina Sendino, Hija del Divino Celo de Burela

O luns 22, o noso bispo Fernando García visitará á comunidade relixiosa das Hijas del Divino Celo en Burela, que xestiona o Centro de Menores “San Aníbal” e o Centro de Acollida e Inclusión Social “María Nazarena”. Realizan un amplísimo labor con centros sociais de toda clase, acollendo pobres, marxinados e espazos de mocidade e infancia en especial vulnerabilidade. O próximo ano van cumprir os 25 anos de presenza na nosa diocese. Temos hoxe connosco a Martina Sendino, unha das cinco relixiosas da casa, para contarnos a súa tarefa e como se vai a vivir este Nadal en Burela.


Para pensar: «La casa de los mil espejos» 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de decembro encárganse a comunidade relixiosa das Misioneras Apostólicas de la Caridad de Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas