«El Espejo» (20.06.2025): Xornada Diocesana de Pastoral Penitenciaria + Peregrinación da Virxe dos Milagres a Torreciudad

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20 de xuño de 2025, último da tempada 2024-2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo. Regresaremos no mes de setembro. Deica pronto!


Entrevista: Nieves Espiñeira, delegada de Pastoral Penitenciaria

Esta mesma tarde celebramos en Ferrol, concretamente na igrexa de San Paulo de Catabois, a II Xornada Diocesana de Pastoral Penitenciaria. Para falarnos desta cita estivo connosco a delegada, Nieves Espiñeira.


Entrevista: Carlos Granda, promotor da peregrinación a Torreciudad

De hoxe en sete días, é dicir, o vindeiro venres 27, organízase unha peregrinación moi especial: unha peregrinación que ten a súa orixe nun santuario da nosa diocese, o da Virxe dos Milagres de Saavedra, neste límite diocesano coa diocese de Lugo. Trátase dunha peregrinación que finalizará nin máis nin menos que no santuario de Torreciudad, en Huesca. Con Carlos Granda, un dos promotores desta iniciativa, coñeceremos os motivos e o sentido de realizar esta peregrinación.


Para pensar: «La piedra preciosa»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de xuño encárgase o equipo da delegación diocesana de Cáritas.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas