A delegación de Peregrinacións, piedade popular, santuarios e Camiño de Santiago, a través dunha comisión especial, será a encargada de organizar a peregrinación diocesana á cidade de Tui, co gallo da ordenación episcopal de Antonio Valín Valdés, ata o de agora vigairo xeral de Mondoñedo-Ferrol e nomeado recentemente bispo de Tui-Vigo.
A viaxe terá lugar o sábado 20 de xulllo e o prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de xuño, sen límite de prazas. O desprazamento farase en autocar, cun prezo aproximado de 35 euros por persoa, incluíndo a comida.
As persoas que desexen participar nesta peregrinación terán que contactar con calquera dos seguintes números de teléfono:
· Zona de A Mariña (Foz e Ribadeo): 678 312 109
· Zona de Ferrol: 639 903 393
· Zona de Terra Chá: 628 233 900
· Zona de Narón e Neda: 659 920 053
· Zona de San Sadurniño: 666 953 450
· Información xeral: 639 903 393 (delegación)
Lembramos que a cerimonia de ordenación terá lugar na catedral de Tui o 20 de xullo ás 11:00 horas.
Foto de portada: Catedral de Tui (Spain.info)









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















