Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16 de febreiro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Jesús Álvarez, vigairo para a Caridade
Entrevista ao vigairo para a Caridade da nosa diocese, Jesús Álvarez, co gallo da celebración da Festa Diocesana da Misericordia, que celebrará o vindeiro 9 de marzo no seminario de Mondoñedo. E que ven con moitas propostas e novidades, especialmente para os máis novos, coa actuación do grupo Valiván. Tamén cun tempo para a reflexión para os adultos e coa presenza do bispo Santiago Agrelo, unha figura significativa no que refire a acollida cristiá aos irmás. Vémonos en Mondoñedo!
Entrevista: Carlos Alonso, bibliotecario diocesano
Contactamos hoxe cun dos bibliotecarios da nosa diocese, Carlos Alonso Charlón, xa que o bispado comezou recentemente o procesión de catalogación dos fondos das bibliotecas do seminario de Mondoñedo e a Domus de Ferrol. Coñeceremos os proxectos de futuro neste ámbito do noso patrimonio documental, para os que contamos coa colaboración directa coa Universidade da Coruña a través da Cátedra Diocese-UDC. Tamén avanzaremos algúns datos sobre a utilización como depósito da antiga igrexa do barrio de Esteiro de Ferrol e das doazóns de libros que xa aestá a recibir a diocese por parte de sacerdotes e profesores.
Para pensar: «Hijo mío, no te olvides de mi ley»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de febreiro, de xeito especial, encárganse os membros da delegación diocesana de Manos Unidas.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.