Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28 de marzo de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Raquel Sabín, comisión para o sostemento da Igrexa
Este sábado desenvolverase en Ferrol unha nova iniciativa relacionada co sostemento da Igrexa. Nesta ocasión, falamos cunha nova integrante desta comisión diocesana, a profesora de Marketing Raquel Sabín. Con Raquel falamos da Liña 105, unha proposta coa que a diocese vai mostrar a 15 persoas como invirte os cartos recibidos grazas ao X da declaración da renda. Tamén lembramos o recoñecemento que fixo a Conferencia Episcopal á campaña de suscrición ás parroquias preparada desde a nosa diocese, que x a están a tomar como modelo parroquias e dioceses de todo o territorio nacional.
Entrevista: Remedios Rey, delegada de Manos Unidas
Nesta entrevista acercámonos á actualidade da delegación diocesana de Manos Unidas, coa súa delegada, Remedios Rey. Falamos do Café Solidario que vai desenvolverse a vindeira semana en Ferrol, sobre a posta en marcha dunha nova delegación comarcal en Ribadeo e sobre un aspecto moi importante como é o aumento no voluntariado.
Para pensar: «La única asignatura»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de maio encárgase o equipo da delegación diocesana de Misións.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación




Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























