«El Espejo» (24.05.2024): Especial Seminario Interdiocesano + Convivencia arciprestal en Ferrol + Andaina solidaria de Cáritas

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24 de maio de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Reportaxe: O novo Seminario Interdiocesano de Galicia

Recentemente coñeciamos a noticia da posta en marcha dun Seminario Maior Interdiocesano (SMI), que terá a súa sede en Santiago e estará conformado por seminaristas das diocese de Santiago, Tui-Vigo y Mondoñedo-Ferrol. O noso bispo Fernando García foi nomeado voceiro de todo o relativo a esta iniciativa. Con el falamos sobre este novo centro, tamén da pastoral vocacional e os retos dos candidados ao sacerdocio.


Para pensar: «Viva o feminismo, pero non o de cartón!»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de maio encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral Rural.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas