«El Espejo» (24.10.2025): Encontro diocesano de inicio de curso + Xornadas de Pastoral Familiar de Galicia

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24 de outubro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Miguel López, delegado de Catequese do arcebispado de Santiago de Compostela

Mañá sábado 25 desenvolverase no Seminario de Mondoñedo o Encontro Diocesano de inicio do curso pastoral. Nel presentarase o plan do curso, haberá talleres, tempo de lecer e xesto de envío á misión. Dentro das claves importantes neste ano atópanse o primeiro anuncio, a cultura vocacional, a organización das UPA, os ministerios laicais, as celebracións dominicais da Palabra, a catequese e a iniciación cristiá. Nese marco sitúase o relatorio de Miguel López Varela, delegado de Catequese do arcebispado de Santiago de Compostela, que hoxe está con nós no programa.


Entrevista: Bárbara Martínez

Baixo o lema “A familia como fonte de esperanza”, a fin de semana pasada, Santiago acolleu o V Encontro Interdiocesano de Formación de Pastoral Familiar de Galicia. Case oitenta axentes de todo Galicia déronse cita alí, tratando temas como a esperanza, o acompañamento ás persoas maiores ou que viven unha soidade non desexada, a realidade do cárcere ou o alcoholismo e o seu impacto nas familias. Da nosa diocese participaron varios matrimonios e voluntarios. Hoxe estivo con nós unha delas, Bárbara Martínez-Esparza, nai, mestra e auxiliar pediátrica que ademais é colaboradora da delegación diocesana de Laicos, Familia e Vida.


Para pensar: «El espejo de la verdad» 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o seminarista diocesano Andrés Segura.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas