O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, visitou na mañanciña de hoxe venres o avance das obras de consolidación da torre sur da concatedral de San Xiao de Ferrol. No atrio da igrexa foi recibido polo bispo da diocese, monseñor Fernando García; a delegada da Xunta na cidade, Martina Aneiros; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a concelleira de Mobilidade e Seguridade, Pamen Pieltain; e o párroco da concatedral, Antonio Rodríguez.
José López Campos: «Seguiremos colaborando coa cidade para que siga evolucionando e poña en valor todo o seu patrimonio»
Na súa intervención ante os medios, López Campos destacou a importancia das actuacións que desde a Xunta de Galicia, en colaboración coa Igrexa, estánse a levar a cabo en Galicia e no caso concreto de Ferrol, como nesta actuación na concatedral «na que investimos en torno aos 350.000 euros», sinalou, e na que «seguiremos a colaborar para poñer en valor todo este gran patrimonio e, sobre todo, que a cidade de Ferrol siga evolucionando na forma na que o está a facer«. Confirmou que nas vindeiras semanas, tras a aprobación dos orzamentos presupuestarios para o 2026, comunicará «novedades importantes para a cidade».
No referido ás obras na igrexa de Dolores, confirmou que xa comezaron as tarefas de andamiaxe, o que permitirá avanzar na restauración das torres e o pintado da fachada, cunha inversión próxima aos 70.000 euros. Dita intervención permitirá unha mellora estrutural, a falta de pequenas actuacións no interior do templo.
José Manuel Rey: «Seguimos a traballar conxuntamente para poñer en valor a nosa cidade»
Pola súa banda, o alcalde da cidade, José Manuel Rey, agradeceu a presenza do conselleiro en Ferrol e destacou o patrimonio historico excepcional co que conta a cidade. «É un exemplo», suliñou, «de como a aquitectura ilustrada cheou a España a través de esta cidade». Tamén quixo destacar o traballo conxunto que se leva a cabo entre as administracións e o bispado para que esta cidade «recupere o seu esplendor, a súa historia e o seu patrimonio, e poñelo así a disposición das xeracións futuras», recalcou.
Mons. Fernando García Cadiñanos: «La concatedral es el edificio más emblemático de la ciudad»
O bispo diocesano, monseñor García Cadiñanos, destacou e agradeceu a visita do conselleiro, un paso máis nesta «folla de ruta que a diocese de Mondoñedo-Ferrol ten coa súa concatedral». «Para nós», suliñou, a concatedral «é o edificio máis emblemático da nosa cidade» e a súa rehabilitación «non conclúe aquí, senón que ten proxectos futuros que tamén é bo que se visibilicen e coñezan».
Avanzou tamén os desexos da diocese no desenvolvemento da oferta patrimonial e turística do templo, unha oportunidade para «introducirse en esas dinámicas de revalorización que pudiesen contribuir a que Ferrol se configure como un punto de llegada y de estancia para los visitantes». E rematou, respondendo ás preguntas dos xornalistas, sobre a posibilidade de que nun futuro as torres da concatedral sexan visitables, permitindo contemplar as espléndidas vistas do arsenal e o barrio de A Magdalena: «Esa sería una tercera o cuarta fase de este proyecto global que tenemos para la concatedral, o al menos es lo que nos gustaría, que el día de mañana pudiese ser un elemento visitable y que desde ahí se pudiese acceder no sólo al exterior, sino incluso hacia el interior y así conocer mejor las entrañas del templo», concluíu.
Visita a las obras
Tras as delcracións aos medios de comunicación, as autoridades dirixirónse á torre, guiados polo arquitecto director das obras, José Antonio Alonso, e o responsable de obras da diocese, David Sanesteban. No cumio puideron coñecer en detalle as actuacións realizadas ata o de agora e, aproveitando a ocasión, desfrutar das vistas do barrio de A Magdalena desde unha perspectiva completamente diferente.
Os traballos de restauración da torre sur da concatedral, que contan cunha inversión de 318.000 euros procedentes dunha subvención da Consellería de Cultura da Xunta, céntranse na selaxe dos muros exteriores polos que se producían filtracións de auga que afectaban ao interior da igrexa.












Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















