Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28 de xullo de 2023, o último da tempada 2022-2023. Voltamos o vindeiro 1 de setembro! Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Reportaxe: Balance da tempada 2022-2023
Recuperaremos as voces do vigaixo seral da diocese, Antonio Valín, falando sobre o primeiro ano na diocese do bispo Fernando; co vigairo para a Evanxelización, Gonzalo Varela, analizamos cuestións referentes ao Sínodo e a restruturación das UPA; con Xoán Xosé Fernández, vigairo para a Economía para a Misión, falamos do Día da Igrexa Diocesana; da Festa da Misericordia, co vigairo para a Caridade, o sacerdote Jesús Álvarez; co párroco de San Xiao de Ferrol, Antonio Rodríguez, lembramos o 250º aniversario da concatedral; co director e o exdirector do anuario diocesano «Estudios Mindonienses», Ramón Otero e Benito Méndez, analizamos o diálogo fe-cultura; coa directora da Cátedra Diocese-Universidade, a profesora Rocío Ameneiros, falamos dos obxectivos deste novo foro; con Francisco Cal, fixemos unha homenaxe a don Enrique Cal Pardo; e co delegado de Vida Consagrada, Román Escourido, dixemos adeus á congregación das Hermanas de Marta e María.
Para pensar: «Nuestra misión en el mundo»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de xullo encárganse de preparala as Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Viveiro.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.