Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28 de marzo de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Toyi González, directora de Cáritas Mondoñedo-Ferrol
Mañá sabado Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol celebrará por todo o alto a festa do seu 60º aniversario. Sesenta anos de acción na construcción dunha sociedade sen persoas excluídas. Falamos coa directora da entidade, Victoria González, con quen repasamos en que vai consistir a xornada, na que se vai incluir a asemblea anual, pero tamén haberá obradoiros, unha eucaristía e un acto institucional conmemorativo. Parabéns, Cáritas!
Entrevista: Óscar Fdez. Expósito, delegado de Pastoral Vocacional
Co delegado diocesano da Pastoral Vocacional fixemos resumo da última reunión que mantiveron estes días e Vigo os delegados das dioceses galegas encargados desta pastoral. Entre as novidades que se propuxeron xurdiu a posibilidade de crear un secretariado interdiocesano a nivel de Galicia, así como a convocatoria dun Congreso Galego da Pastoral Vocacional.
Para pensar: «Sacar agua de la profundidad»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de maio encárgase o equipo da delegación diocesana de Misións.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















