- Terá lugar o 29 de novembro en Lugo baixo o lema «Peregrinos de esperanza»
- Mons. Carrasco: «O encontro axudaranos a renovar ou noso compromiso cos enfermos e con quenes os coidan»
As delegacións de Pastoral da Saúde da provincia eclesiástica de Santiago organizan o seu tradicional encontro anual de carácter formativo, este ano na cidade de Lugo o sábado 29 de novembro. A xornada está aberta á participación de todos, pero especialmente faise unha chamada ao voluntariado que colabora na Pastoral da Saúde, aos capeláns de hospitais e residencias, así como aos profesionais das área sanitarias.
O tema que se abordará nesta edición, no marco do ano xubilar, é o de «Peregrinos de esperanza». O encontro comezará con dúas charlas a cargo de José Carlos Bermejo, relixioso camilo, experto en humanización da saúde e coñecido escritor, divulgador, investigador e conferenciante. Tras o almorzo haberá unha mesa de experiencias para rematar coa celebración da eucaristía xubilar na catedral de Lugo.
En palabras de monseñor Alfonso Carrasco, bispo de Lugo e coordinador desta pastoral a nivel da provincia eclesiástica, este encontro formativo da Pastoral da Saúde «axudaranos a renovar ou noso compromiso cos enfermos e con quenes os coidan».
Aquelas persoas interesadas en participar terán que contactar directamente coa delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores, no email psalud@mondonedoferrol.org o no WhatsApp 686 99 86 85 (José Luis).










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















