Monseñor Fernando García Cadiñanos oficiará esta tarde en Ribadeo o funeral de corpo presente
10 febreiro 2022.- Don Ricardo Díaz Seijas naceu en Cárdenas (Matanzas-Cuba) o 8 de setembro de 1927, aínda que as súas raíces familiares son da parroquia de Pino (Cospeito). Era o sacerdote máis lonxevo da nosa diocese.
Fixo os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario de Mondoñedo e foi ordenado sacerdote polo bispo don Mariano Vega Mestre o 3 de abril de 1954.
Inmediatamente foi nomeado cuadxutor de Santiago de Foz e capelán do Colexio dos Irmáns Menesianos da mesma localidade, ata o ano 1957.
Foi nese ano pasou a ser cura ecónomo de Xuances e encargado temporalmente de Portocelo no concello de Xove. E no ano 1963 encargado tamén de Celeiro e Faro.
Desde setembro de 1963 ata o ano 1966 foi nomeado polo bispo Argaya vicereitor do Seminario de Lourenzá e encargado da parroquia de Fórnea (Trabada).
Desde a ano 1966 ata o 1977 cura ecónomo de San Miguel de Reinante e encargado de Santiago de Reinante.
Nese último ano pasou a ser cura ecónomo e logo párroco de Ribadeo ata a súa xubilación. Foi tamén arcipreste de Ribadeo (1972-1983), encargado da parroquia de Ove e capelán do Hospital-Asilo.
Unha vez xubilado seguiu residindo en Ribadeo, realizando algúns servizos pastorais mentres puido, sempre acompañado e coidado pola súa irmá Carmiña e a familia da casa.
De don Ricardo hai que ponderar o seu servizo entregado ás parroquias polas que pasou. De carácter tímido, cunha presenza sempre discreta pero afectuoso e bo compañeiro, respectado e querido.
Despois de noventa e catro de vida, descansa na paz do Señor.
Funeral: Hoxe xoves 10, ás 16:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo. Estará presidido polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos.
O sábado ás doce do mediodía haberá unha misa para recordalo na igrexa parroquial de San Martiño de Pino, en Cospeito.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















