Funeral hoxe martes ás 17:00 horas na igrexa parroquial de Santa María de Ferreira do Valadouro
Faleceu o sacerdote diocesano Rvdo. Manuel López Reigosa (Ferreira do Valadouro, 1930; ordenado en Viveiro en 1961),párroco emérito de Santo Tirso de Portocelo (Xove, Lugo). Velorio no tanatorio de Xove e funeral hoxe martes ás 17:00 h. na igrexa parroquial Santa María de Ferreira do Valadouro (Lugo). De seguido, inhumación no cemiterio parroquial. Descansa na paz do Señor.
Dado o vínculo de décadas co municipio de Xove, o xoves 21 ás seis da tarde oficiarase un funeral na súa memoria na parroquia de Santo Tirso de Portocelo.
SEMBLANZA
Don Manuel López Reigosa naceu en Ferreira do Valadouro o 25 de maio de 1930, nunha familia da que tamén xurdiron dúas vocacións consagradas na vida contemplativa.
Realizou os seus estudios no Seminario Conciliar de Mondoñedo, a pesar da súa fráxil saúde que o obrigaba, ás veces, a interromper o ritmo académico. Foi ordenado no Congreso Eucarístico Comarcal de Viveiro o 27 de maio de 1961. Os compañeiros da súa promoción procuraron desde aquela xuntarse cada ano para celebrar este aniversario.
Na diocese desempeñou os seguintes cargos pastorais:
· Ecónomo de San Lourenzo de Sasdónigas (1961-1962).
· Ecónomo de Santo Tirso de Portocelo 1962 e máis tarde párroco.
· Encargado de Santa Olalla de Lago e San Clemente de Morás (1976-1978)
· Logo volveu a ser administrador parroquial de Lago e Morás (setembro de 1985) e administrador parroquial de Santo Estevo de Sumoas (2003).
Xubilouse o 21 de xaneiro de 2019, aos 89 anos, residindo na súa casa en Xove.
Don Manuel foi un sacerdote servicial, mesmo estando xubilado, e sempre foi coñecido na comarca da Mariña como o cura de Portocelo, de onde foi párroco durante cincuenta e sete anos, practicamente todo o seu ministerio sacerdotal. Este feito corresponde a un modelo de sacerdote, hoxe imposible, no que a permanencia nunha ou varias parroquias limítrofes supoñía un compromiso case de por vida.
Hai que valorar e agradecer a fiel compaña da súa irmá Ramonita, que sempre o coidou e estivo con el ata o último momento.
Que o Señor, Pastor supremo, que lle encomendou apacentar aos seus fieis, o acolla e o agregue á asemblea dos seus santos. Descanse en paz.



Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























