Faleceu o sacerdote diocesano Rvdo. Ramiro Pérez Fernández

Recibimos a triste noticia do falecemento do sacerdote diocesano Ramiro Pérez Fernández, párroco de Santiago de Goiriz e Santa Olalla de Román, no concello de Vilalba.

A saída do tanatorio de Vilalba terá lugar mañá martes 23 de xaneiro ás 16:30 horas e, de seguido, celebrarase o funeral e o enterro na igrexa e cemiterio de Santa Olalla de Román.

Don Ramiro nacera na parroquia de Santa Olalla de Román no ano 1939 e foi ordenado sacerdote en Mondoñedo en 1967.

A súa traxectoria sacerdotal empezou na comarca chairega. Atendeu en primeiro lugar a parroquia de Abadín e outras dúas dese municipio, a de Candia e a das Goás. Logo foi destinado ás de Cazás (Xermade) e Tardade (Vilalba), sendo ademais administrador da de Belesar, pertencente ao municipio vilalbés. O seu seguinte destino foi San Sadurniño, onde foi cura da parroquia de igual nome e da de Santa Mariña. De aí volveu á comarca chairega para exercer na parroquia de San Xoán de Lagostelle, que abarca o centro urbano de Guitiriz e os arredores. Foi o último paso antes de regresar ao seu lugar de orixe. A parroquia de Román, onde nacera, e a de Goiriz quedaron ao seu cargo. A finais da pasada década encomendáronselle ademais dúas de Abadín, as de Aldixe e Castromaior.

Descansa na paz do Señor.


Reseña biográfica

Ramiro Pérez Fernández naceu en Santa Olalla de Román o 19 de setembro de 1939. Despois de cursar Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía no seminario de Mondoñedo foi ordenado sacerdote o 29 de xuño 1968 en Mondoñedo.

Foi cura de Santa María de Abadín, de San Pedro de Candia e San Pedro das Goás.
No ano 1973 foi nomeado cura ecónomo de San Xiao de Cazás, encargado de Santa María de Tardade e, no 1988, administrador parroquial de San Martiño de Belesar. Logo pasou a ser párroco de Santa María Maior de San Sadurniño, o Divino Salvador de Pedroso e Santa Mariña do Monte. De aí pasou a ser párroco de San Xoán de Lagostelle (Guitiriz).

No 2003 foi nomeado párroco de Santiago de Goiriz e Santa Olalla de Román, engadindo a atención pastoral de San Pedro de Aldixe e San Xoán de Castromaior no 2017.
Foi tamén arcipreste de Begonte (no 2000) e membro do Consello Presbiteral (no 2006).

Ata a súa morte estivo sempre activo a pesar das súas doenzas que o limitaban máis do que el quixera. Foi un sacerdote piadoso, servicial e bo compañeiro. Nunca deixou de amosar o seu interese polos enfermos, polas vocacións ao ministerio sacerdotal e o seu amor ao Seminario. Con gran sentido pastoral estivo disponible para servir alí onde o mandaran. Sempre que puido participou en todas as convocatorias diocesanas: retiros, exercicios espirituais, encontros sacerdotais, xuntanzas cos compañeiros, asembleas, convivencias, etc., o que tamén denotaba o seu sentido de Igrexa e de pertenza e amor á diocese.

Don Ramiro por fin descansa das súas fatigas o dos seus traballos. Que non deixe de interceder por nós, pola súa familia e a súa diocese, para que o Señor nos conceda aquilo que el sempre buscou. Descanse na paz do Señor.

Delegación del Clero

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas