Ayer domingo 9 de junio falleció en Ferrol el sacerdote diocesano Rvdo. Lázaro Domínguez Gallego (Zamora, 1936). El entierro y funeral tendrá lugar hoy lunes, 10 de junio, a las 17:00 horas en el cementerio municipal de Catabois; funeral a continuación en la iglesia parroquial de Nuestra señora del Pilar y San Fernando de Ferrol. La eucaristía estará presidida por el obispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
Reseña biográfica
Don Lázaro Domínguez Gallego naceu en Zamora o 12 de decembro de 1936. Despois de estudiar Latín e Humanidades e Filosofía no Seminario de Zamora, no curso 1955-56, ingresou no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, no que cursou os catro anos de Sagrada Teoloxía.
Foi ordenado sacerdote o 14 de xuño de 1959 e o 29 de xullo foi nomeado coadxutor da parroquia ferrolá de San Fernando e Nosa Señora do Pilar, que exerceu ata a súa xubilación. Foi profesor de Relixión en diversas academias de Ferrol e no Instituto Concepción Arenal. Foi tamén Capelán das Madres Mercedarias de Ferrol.
Don Lázaro, ademais de ter un carácter aberto e afable, e de ser gran conversador, foi un recoñecido poeta fundamentalmente en lingua castelá na que ten publicado catro poemarios. Tamén escribiu un libro xuvenil (Raquel). Escribiu algúns poemas mesmo en galego e acadou preto de douscentos premios de poesía en castelán e tamén de narracións.
Algúns recordamos a súa reflexión sobre o sacerdocio, cando celebrou as súas vodas de diamante no Seminario de Mondoñedo: foi un canto agradecido ao Señor sobre o seu sacerdocio cargado de emotividade e beleza poética.
Despois de pasar nestes últimos anos pola proba da enfermidade, na que non deixou de ser atendido espiritualmente recibindo a comuñón case a diario, descanse na paz do Señor.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















