O pasado sábado, 11 de novembro, celebrouse en Santiago de Compostela unha reunión da IOAC-HOAC (Hermandad Obrera de Acción Católica) de Galicia, participando trece militantes en representación das dioceses de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo.
No encontro, acordouse o lugar e programa do Día da IOAC-HOAC para 2024, coordinado polas catro dioceses galegas, que terá lugar o 11 de maio en Ferrol. Ademais, concretouse a realización do curso de formación sobre Palabra de Deus, previsto para o segundo trimestre de 2024.
Na reunión puxéronse en común as planificacións das dioceses galegas para o bienio 2023/2024, no marco da campaña «Coidar o traballo, coidar a vida», e efectuouse a valoración da participación deste movemento de traballadoras e trabadores cristiáns no Foro de Encrucillada do pasado outubro.
Asemade, as presidencias diocesanas que asistiron á Comisión Xeral do 4-5 de novembro, realizada en Madrid, compartiron as vivencias e as cuestións abordadas nesta reunión xeral, resaltando a importancia do Banco de Iniciativas e Recursos (BIR) ao dispor de toda a militancia.
Tamén se compartiron varios medios de comunicación da IOAC-HOAC e das publicacións, como o último libro «Camiñar xuntas e xuntos. Soñar a Iglesia, vivir a misión», de Edicións HOAC.
Fuente: Arquidiocese de Santiago








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















