Mondoñedo celebrará cun completo programa as festas patronais dos Remedios do 10 ao 12 de setembro
A cerimonia estará presidida polo bispo diocesano e será o rexedor do concello de Mondoñedo o encargado de presentar a ofrenda
29 agosto 2022.- O santuario mariano dos Remedios de Mondoñedo centrará a atención diocesana o vindeiro domingo 11 de setembro, coa celebración, a partir das 12:00 horas, da misa solemne na honra da Santísima Virxe dos Remedios, patrona da cidade e de toda a diecese de Mondoñedo-Ferrol.
Precisamente o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e o deán da catedral mindoniense, Pedro Díaz, acompañados dos membros da comisión de festas, presentaron recentemente o cartel oficial das festas, que teñen como eixo central a ofrenda que presentan as cidades e vilas capitais de partido xudicial da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A ofrenda, que se mantivo sen interrupción ao longo dos anos da pandemia, será presentada nesta ocasión polo alcalde do concello de Mondoñedo, e recuperará a tradicional procesión coa imaxe da patroa, acompañada pola banda de música «Pascual Veiga» e coa traca pirotécnica habitual. A cerimonia estará presidida polo obispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
O Luns dos Remedios, festivo local, será o día da misa de confrades e a ambientación musical neste día correrá a cargo da orquestra “Nueva Fuerza”. O programa complétase coa Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela, prevista para o Domingo dos Remedios, o dúo Belinda, e os coros «Mindoniense» e «Mestre Pacheco», a festa de clausura das piscinas municipais, así como unha ruta de sendeirismo.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















