O recital será de balde e os interesados xa poden reservar os tiquets
Será o vindeiro 9 de setembro na igrexa parroquial de Santa Marta
29 agosto 2022.- O Concello de Ortigueira organiza para o vindeiro 9 de setembro (20:30 h.) un concerto para celebrar o 800º aniversario de Afonso X O Sabio. Será na Igrexa de Santa Marta e estará protagonizado polo músico Carlos Núñez.
O concello pon a disposición das persoas interesadas a reserva de entradas, cuxo máximo serán de dous tiquets por persoa ou enderezo electrónico, en dúas modalidades. Por unha banda, a través do correo electrónico ortigueiracultura@gmail.com, desde o 30 de agosto ás 10:00 horas, indicando o nome ou nomes das persoas que asistirán. Ou ben de xeito presencial, que poderán ser retiradas a partir do 31 de agosto nas oficinas do consistorio, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Ca finalidade de evitar asentos libres, dez minutos antes da hora do concerto poranse a disposición do público as entradas devoltas ou os billetes dos asentos que non estean ocupados á hora límite de entrada ao concerto, as 20:15 horas. A apertura de portas será ás 19:30 horas.
Haberá unha zona reservada para persoas con cadeiras de rodas. Esta situación deberá ser indicada no momento de realizar a reserva.
O recital será totalmente de balde e desde o consistorio agradécese a devolución das entradas no caso de non ser posible a asistencia.
Fonte: Concello de Ortigueira







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















