A actividade enmárcase no proxecto de formación e protección dos dereitos humanos en Honduras
Na presente edición, Manos Unidas – Parroquia de Vilalba participa no proxecto ‘Formación e protección dos dereitos humanos en San Pedro de Sula (Honduras)‘.
Honduras é un dos países de América Latina onde a violencia e a inseguridade son os problemas máis graves aos que se enfronta a poboación. Ademais, os dereitos humanos e as liberdades vense afectadas por factores económicos, sociais, políticos e culturais que determinan situacións de pobreza e exclusión social, sobre todo en mulleres e nenos, maiores, discapacitados, indíxenas, inmigrantes e persoas con VIH.
Esta situación viuse agravada pola corrupción e o crime organizado (narcotráfico, trata de persoas e tráfico de armas) que inflúe na confianza da poboación nas institucións públicas. A situación social de San Pedro de Sula é dramática, non só polas cifras de homicidios (unha das máis altas do mundo) senón pola impunidade ante as forzas de orde público e a xustiza.
Por iso, monseñor Garachana, bispo de San Pedro de Sula, solicita a Mans Unidas levar a cabo un proxecto de formación e protección dos dereitos humanos en seis concellos, que beneficiará a 4.300 persoas. Preténdese o desenvolvemento de accións por parte dos defensores dos dereitos humanos para garantir a aplicación da xustiza e o cumprimento de políticas públicas, facendo un seguimento do labor das organizacións gobernamentais.
Mans Unidas achegará fondos para a formación e capacitación de líderes comunitarios e axentes de pastoral como defensores dos dereitos humanos; a difusión de programas de radio, creación e seguimento das redes, persoal e funcionamento. O importe total para este proxecto ascende á cantidade de 68.068 euros.
TODOS/AS SOMOS IMPORTANTES PARA CONSEGUILO! GRAZAS!!!
Colaboradores na edición 2017
CONCELLO DE VILALBA – IMPRENTA JUNOR – QUEIXERÍAS ENTREPINARES – QUEIXERÍA DON CRISANTO – PANADERÍA VILLALBESA – PANADERÍA A NOVA – TAHONA CURRÁS – ACISAL – XAMÓNS E EMBUTIDOS www.elote.es – CARNICERÍA GENEROSA – CARNICERÍA JOSÉ MANUEL -REPRESENTACIONES CABARCOS S.L. – BODEGAS BAAMONDE – ESTRELLA GALICIA







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















