Intervención semanal do administrador diocesano, Antonio Valín, a través da Cadena COPE
· DOMINGO DA SANTÍSIMA TRINDADE: Neste domingo celebramos o misterio da Santísima Trindade, o misterio central da fe e da vida cristiá. Só Deus pode dárnolo a coñecer revelándose como Pai, Fillo e Espírito Santo: «Un só Deus, tres Persoas distintas, de única natureza e iguais en dignidade». No seu nome fomos bautizados. «Pola graza do bautismo, no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo, somos chamados a participar na vida da Bienaventurada Trindade, aquí abaixo na escuridade da fe e, despois da morte, na luz eterna». Na misa somos convidados á mesa da Trindade onde o Pai, por obra do Espírito Santo, continúa dándonos ao seu Fillo, o pan de vida eterna.
· Celebramos hoxe o misterio da Santísima Trindade, un día no que tamén nos lembramos das nosas comunidades contemplativas, co gallo da Xornada Pro Orantibus. Este ano, o lema é «A vida contemplativa, preto de Deus e da dor do mundo».
· No día de hoxe tamén celebramos a Xornada do Ensino Relixioso Escolar, unha cuestión sempre polémica e que sempre está na palestra cando hai cambios de Goberno ou cando se idean reformas nas leis de educación.
· Deixamos o día de hoxe e centrámonos nunha semana intensa que comeza a partir de mañá: a Semana da Caridade. Por suposto, un dos puntos centrais da vindeira semana é o domingo, solemnidade do Corpus Christi. Nesa xornada, aparte doutros actos diocesanos, temos en Foz a presentación do novo disco de Tere Nécega e Salomé Arricibita, “Dime cómo ser pan”. Trátase dun álbum que ten como fío conductor o ideario de Cáritas, cuestións como amar ao próximo, dar de comer ao famento ou ser a sal e o pan de vida que precisa o mundo.
· A nivel da Igrexa universal tamén temos que falar da Semana Laudato Si, que finalizaba o pasado martes 25 cunha novidade importante: a creación dunha plataforma para promover a “ecoloxía integral” e o fomento de novos estilos de vida.
«A vida contemplativa é o pulmón da nosa Igrexa»







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















