Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE
· IV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: En Xesús cúmprese plenamente o anuncio feito por Deus a Moisés: «Suscitarei un profeta de entre os seus irmáns, coma ti». Así aparece Xesús no Evanxeo ensinando con autoridade e apoiando as súas palabras coas accións salvadoras dos homes, neste caso concreto coa expulsión dun espírito inmundo, que o proclama como o santo de Deus. El séguenos falando hoxe na Iglesia, de modo especial na liturxia da Palabra da misa. «Oxalá escoitedes hoxe a súa voz: “Non endurezades o corazón”». E estendamos esa Palabra, xunto con nosas boas obras de amor salvador, a todo o mundo.
· Temos que falar hoxe en primeiro lugar das novas restriccións que sufrimos en toda Galicia a causa da pandemia do coronavirus, e que tamén inflúen na vida da nosa diocese. Cales son as principais normas, disposicións e recomendacións que temos que ter en conta?
· Este vindeiro martes 2 de febreiro celebramos a Xornada Mundial da Vida Consagrada, que nos fai lembrar o traballo impagables das nosas relixiosas e os nosos relixiosos, especialmente en tempos duros e “feridos” como os que estamos a vivir. Neste senso, haberá unha celebración na Concatedral de Ferrol ás 19:30 horas, que será retransmitida a través da canle diocesana de YouTube.
· Seguimos falando do acompañamento aos máis necesitados, algo que fan as nosas relixiosas pero tamén entidades como Cáritas Diocesana, que pon en marcha unha nova captación de voluntariado para o programa Con-Vivindo.
· Temos que lembrarnos das persoas que temos preto, pero tamén de quen sufre noutras latitudes do mundo. Por este motivo, Mans Unidas pon en marcha unha nova campaña: “Contaxia solidaridade para rematar coa fame”.
· Neste mundo actual, tan globalizado para o bo e para o malo, temos que falar tamén das comunicacións. O pasado domingo, festividade de san Francisco de Sales, patrón dos xornalistas, o papa Francisco incitabanos a “ver en persoa” e “desgastar os zapatos” para lograr contar o que sucede dunha maneira directa e veraz, sen “cortar e pegar”.
· Imos agora ata Santiago de Compostela para falar de dous asuntos diferentes, pero de actualidade nestes últimos días. Por unha beira, posponse ata o ano 2022 a Peregrinación Europea de Jóvenes (PEJ) prevista para este ano. Por outra, coñecimos o nome do novo bispo auxiliar de Santiago de Compostela, o ourensán Francisco José Prieto.
· Por último, falamos de novas luctuosas destes últimos días, tanto a nivel estatal como local. Temos que lembrar ao arcebispo castrense Juan del Río Martín, que perdeu a vida este xoves a causa do coronavirus. Tamén, o mesmo dia, falecía a irmá Herminia García Otero, que pertencía á comunidade relixiosa de Betania, en Viveiro.
«Xesús, coa súa mensaxe e os seus xestos, libra contra todo poder que oprime ás persoas»







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















