‘Habla la Diócesis’: Trabajo Decente + Día del Seminario + 24 horas para el Señor

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE

· IV DOMINGO DA CORESMA “LAETARE”: Hoxe é un domingo de ledicia porque se achegan xa as festas pascuales. Nelas celebraremos a nosa salvación por pura graza de Deus, que, estando nós mortos polos pecados, fíxonos vivir con Cristo. A ledicia que sentiu o pobo de Israel cando foi liberado da cautividade de Babilonia. A ledicia de saber o amor que Deus nos ten, que enviou ao seu Fillo ao mundo non para condenalo, senón para salvalo. Este don require pola nosa banda recibilo con fe: todo o que cre nel terá a vida eterna, non será condenado. Pero o que non cre no nome do Fillo único de Deus, xa está condenado.

· Xa para toda a comunidade diocesana, seguimos insistindo na importancia de coidar a liturxia nestes días e tamén de cara á Semana Santa, tendo en conta as circunstancias especiais que estamos a vivir. De feito, na web diocesana e nas nosas redes sociais estanse a compartir durante estas xornadas varias “propostas litúrxicas de pastoral” para este tempo. En que consisten estas recomendacións e orientacións?

· Dentro destas iniciativas e propostas, temos que destacar unha a nivel global que se celebraba esta fin de semana, as “24 horas para o Señor” convocadas polo papa Francisco.

· Falamos tamén dun asunto que avanzabamos o pasado domingo e que hoxe ampliamos: o Día do Seminario, que se celebra coincidindo coa festividade de San Xosé, este vindeiro venres 19 de marzo. Que podemos dicir dos nosos seminaristas actuais? Como está a nosa diocese a nivel de vocacións sacerdotais?

· E dunha xornada que se celebrará este venres pasamos a outras dúas que tiñan lugar esta semana: o Día da Muller e o Día da Clase Obreira Galega. Como á primeira celebración xa lle dedicamos unha parte importante do noso anterior programa, imos centrarnos na segunda, tendo en conta a mensaxe reivindicativa emitida desde a plataforma eclesial Igrexa polo Traballo Decente.

· Falabamos da pandemia socioeconómica e tamén temos que falar hoxe da pandemia sanitaria, porque precisamente hoxe cúmplese un ano do Estado de Alarma decretado polo Goberno do Estado, e no que aínda seguimos sumidos. Por iso, dende Cáritas Española puxeron en marcha unha campaña especial nestes días para agradecer a colaboración prestada durante estes 12 últimos meses, que foron moi duros pero que tamén reforzaron o noso compromiso solidario.

· E, antes de rematar, mandamos unha mensaxe de apoio ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, que tivo que ser ingresado estes pasados días por mor dunha doenza.

 

«Este domingo é un fogonazo de alegría porque Deus segue tendendo a man, segue perdoando os pecados do seu pobo, segue facendo camiño con nós, segue regalando ao seu fillo…»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas