Homenaje al párroco Evaristo Lorenzo Orol, que ya da nombre a un parque en Narón

La iniciativa partió de tres colectivos y obtuvo el respaldo de la corporación municipal

El parque de la calle A Paz, en A Gándara, lleva el nombre del párroco Evaristo Lorenzo Orol, fallecido el año pasado y homenajeado ayer por el Concello. La iniciativa partió del colectivo vecinal de A Gándara, Cáritas de la parroquia y Narón Amigos del Arte, y fue respaldada por la corporación. 
 

'MÁIS DUNHA VEZ EVARISTO HA DE ESCAPAR PARA AQUÍ' Por Xosé Manuel Carballo

Señor Alcalde do Concello de Narón, señores concelleiros, entidades convocantes a esta homenaxe, fregueses e non fregueses de Evaristo, familiares, compañeiros e amigos seus e incluso algún inimigo se andivese atusmando por aí, porque para ser amigo dalgún hai que ser moi mala persoa, cousa que Evaristo nin era nin é.

Véxome entre cirios e auga bendita, ou mellor dito: metido nunha camisa de once varas, que soa menos a enterro. Encargáronme escribir algo que poida ser representativo de distintos colectivos e escribín, pero non podo ler, porque estou operado da gorxa e falo por un tubo desde hai catro anos. Con voz prestada digo, xa que logo: Son compañeiro rigoroso de curso de Evaristo. Doce anos de estudantes no Seminario e cincuenta de curas relacionándonos ben, e non o din coñecido como quixera. Aínda que algo si.

Vai facer un ano que nunha arroutada das súas esqueceuse da cadeira de rodas na que pasou algún tempo quieto pero non parado, e do bastón que usaba con tan pouca gracia e pasou escentellado por xunta de nós. Eu tamén me esquecín da miña capía da gorxa e berreille:

¿Para onde vas, con tanta presa, animaliño, non ves que che vai estoupar o corazón? Levas queixándote del toda a vida. ¡Ai, tes bon xeito!

Non me respondeu ni para atrás mirou. Xa lle estoupara. Informeime por curiosidade da causa da defunción e dicía: “Parada cardo-respiratoria”. Pamplinas. O de sempre. Morreu porque non lle cabía o corazón na caixa. Dito doutro xeito: tiña demasiado corazón e non lle puxo cancelas a tempo. Fixouse máis no Evanxeo ca no Código de Dereito Canónico e pasou o que tiña que pasar.

Un sempre do que máis fala é do que lle falta e pensei para min: ¿Pois a ver quen lles presta voz agora ós que non a teñen? ¡A ver quen berra agora contra o exceso de flúor e paga penas por desacato á autoridade incompetente ou brama contra inxustizas dentro e fóra da igrexa!

Non contaba con vir a este acto porque é cousa política xa o Caudillo del Ferrol lles dicía ós seus ministros que meterse en política pode ter malas consecuencias, pero picoume a curiosidade polo anacrónico do acto. A ver se me aclaro: un concello duns 40.000 habitantes, con cinco tendencias políticas representadas na corporación municipal por 21 persoas, nun estado laico, pró que convén, en pleno século XXI, e máis concretamente, o 27 de abril do 2017, toma por unanimidade, segundo me dixeron, o acordo tan politicamente incorrecto de honrar a un parasito, retrógrado e escurantista, segundo podo ler e escoitar un día si e outro tamén, e non só na sexta. ¡A un cura!

De verdade que non atino a entendelo, a non ser que esa orporación e as entidades promotoras descubrisen que Evaristo e coma el outros curas, aprendemos a tempo que non hai autovías ou vías rápidas que leven directamente a Deus. Non. Os camiños que levan Deus son como os da nosa Galicia onde aínda non se fixo a Concetración Percelaria, retortos con mil voltas e reviravoltas, para pasaren sempre polas portas dos veciños, dando, recibindo, animando a compartir.

O que non se vos pode negar é inxenio. Só a vosoutros, naroneses, se vos podía ocorrer dedicarlle un parque, no que cantan e brincan os paxariños, ó que saen tomar o sol e falar os vellos, porque na casa imponlles silencio o televisor e a familia, a onde virán xogar os nenos se lles deixa o móbil, onde chegados a certa idade algúns mociños e mociñas descubrirán que o corazón cambia de ritmo por cousas de amoríos.

En fin. Fostes moi cucos. Máis dunha vez Evaristo ha de escapar para aquí e noso Señor ha ter que facer a vista gorda, se non quere que se lle plante. Pero non o digades por aí que sempre os hai que morren de envexa. Polo que a min respecta: Moitísimas gracias. E atrévome a dicir no nome de non poucos que volo agradecemos moito. E a ti, Evaristo, tamén che agradecemos que foses como fuches, ou mellor fito: que sexas como es.

Texto: Xosé Manuel Carballo Ferreiro
Fotos: Germán Castro Tomé

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas