Homenaxe a doce sacerdotes diocesanos na festa de San Xoán de Ávila

Doce curas da diocese recibiron este mércores unha homenaxe en Mondoñedo pola conmemoración das súas vodas sacerdotais coincidindo co seu patrón, San Xoán de Ávila.

Uxío García Amor conmemoraba as súas vodas de platino no sacerdocio. Xaquín Campo, José Antonio Fernández, Higinio Rodríguez, José María Vidal, José Lage, Pedro Díaz e Alfonso Gil celebraron as de diamante. Raúl Ferreiro, Pedro Rodríguez e Jacinto Pedrosa as de ouro. E Cándido Otero as de prata.

Os actos, que tiveron lugar no Seminario «Santa Catalina», estiveron presididos polo bispo Fernando García Cadiñanos.

A xornada comezou co rezo da Hora Intermedia, ao que lle seguiu unha mesa redonda na que os presentes debatiron sobre os retos actuais da Igrexa e continuaron coa homenaxe aos curas que celebraban as súas vodas sacerdotais, rematando coa celebración da eucaristía e un almorzo.

Fiesta sacerdotal de San Juan de Ávila (2023)

Fonte: El Progreso. Fotografía portada: J. Mª. Álvez

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas