Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 12 de maio de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Jorge Rodríguez, delegado de Xuventude
Entrevista a Jorge Rodríguez Pazos, delegado diocesano de Xuventude. Coa proximidade da Xornada Mundial da Xuventude de Lisboa, o próximo mes de agosto, a delegación segue organizando iniciativas para animar aos máis novos a participar. Nesta ocasión coa convocatoria dun concerto-tómbola para botar unha man a aqueles mozos con menos recursos á hora de formalizar a inscrición; tamén falamos do Campamento Diocesano 2023, no que cada verán participan centos de nenas e nenos e que acaba de abrir o período de inscrición; e para terminar, avanzamos algúns dos plans e ideas que se manexan desde a delegación para o curso 2023-24.
Para pensar: «El labrador avaro»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de maio encárganse de preparala as Hermanas de Marta e María de Ribadeo.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















