Mons. Antonio Valín compartirá a súa experiencia episcopal cos sacerdotes da nosa diocese

Será o vindeiro martes 5 de outubro cando o novo bispo da diocese de Tui-Vigo, o ribadense monseñor Antonio Valín Valdés, regrese á súa diocese de orixe para «compartir unha charla-coloquio sobre a súa experiencia de “neoepíscopo” nesta diocese irmá», segundo informaba na súa convocatoria a delegación do Clero.

O acto enmárcase no segundo encontro sacerdotal deste curso, que organiza mensualmente a delegación. Nesta ocasión, dada a proximidade coa solemnidade de Todos os Santos, a convocatoria inclúe unha eucaristía na memoria de todos os presbíteros defuntos, especialmente na de aqueles que faleceron neste último ano. A misa terá lugar na capela maior do Seminario (10:30 horas), con entrada libre, ao continuaren as obras de rehabilitación da catedral. Ao rematar terá lugar, tamén no Seminario, un xantar.


Quenda de exercicios espirituais para sacerdotes

Noutra orde, desde a delegación informan tamén da convocatoria da quenda anual de exercicios espirituais para sacerdotes. Nesta ocasión terá lugar do 11 ao 15 de novembro no Seminario de Mondoñedo, e estarán dirixidos por monseñor Froilán Casas Ortiz, bispo emérito de Neiva (Colombia).


Pódeche interesar tamén

Crónica del encuentro de los obispos de Galicia y Portugal en Mondoñedo
Monseñor Antonio Valín Valdés ya es obispo de Tui-Vigo

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas