Será o vindeiro sábado 2, ás 20:00 h., fronte ao Concello de Ferrol
Cáritas e a delegación de Migrantes e Refuxiados convocan unha concentración en defensa dos dereitos das persoas tratadas inhumanamente na fronteira de Melilla
O vindeiro sábado 2 de xullo, ás 20:00 horas, diante do Concello de Ferrol, en solidariedade con outros colectivos sociais, a delegación de Migrantes e Refuxiados e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, convoca unha concentración pola defensa dos dereitos das persoas que na actualidade están sendo tratadas inxusta e inhumanamente na fronteira de Melilla.
A Conferencia Episcopal Española, a través da subcomisión episcopal para as Migracións e a Mobilidade Humana, ven de publicar unha nota no que lamentan profundamente as perdas de vidas humanas e piden pola pronta recuperación das persoas feridas. Asimesmo, manifestan a súa solidariedade coa preocupación dos cidadáns das cidades fronteirizas, agradecendo á Igrexa diocesana de Málaga a súa labor de acompañamento aos migrantes e refuxiados. Tamén lembran a necesidade de implementar e implementar novas políticas migratorias, ordenadas a travás de vías legais e seguras
Contamos contigo na concentración para proclamar que …
… «ningunha persoa é ilegal! …
… «nunca máis o racismo e a xenofobia» …







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















