- O documento, froito dun proceso sinodal de elaboración, apoiase na experiencia dos dous últimos cursos e busca fortalecer a corresponsabilidade bautismal
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol aprobou as novas Orientacións sobre a Institución dos Ministerios de Lector, Acólito e Catequista, mediante un edicto datado o pasado 29 de xuño e asinado polo bispo, monseñor Fernando García Cadiñanos. O documento culmina un proceso de elaboración sinodal no que participaron o Consello Episcopal, o Consello Presbiteral e o Consello de Pastoral diocesanos, que deu a súa aprobación na última sesión celebrada en xuño.
O texto parte das directrices da Igrexa universal e dos documentos da Conferencia Episcopal Española, pero está pensado para responder á realidade concreta da Igrexa diocesana. Para iso, incorpora tamén a experiencia acumulada durante os dous últimos cursos, nos que se traballou cos primeiros candidatos propostos polas parroquias.
Estas orientacións nacen co propósito de promover, formar e acompañar aos laicos que desexan asumir de xeito estable un servizo na misión evanxelizadora. Non se conciben como unha resposta conxuntural á falta de clero, senón como unha expresión da dignidade e a corresponsabilidade que brotan do bautismo.
O documento quere ofrecer un marco público e claro para a promoción, a formación e o envío de quen reciba estes ministerios laicais. Na práctica, isto supón reforzar a participación dos laicos na vida das comunidades, favorecer unha maior dinámica pastoral e consolidar equipos misioneiros con espírito sinodal.
En palabras do bispo diocesano, “é un camiño do Espírito que temos que seguir acompañando, coidando e fomentando para ben da nosa Igrexa e para mirar o futuro con esperanza”.
Requisitos e proceso
O texto regula os tres ministerios laicais aprobados pola Igrexa —lector, acólito e catequista— e sinala catro trazos comúns: a súa raíz bautismal, a súa estabilidade, o recoñecemento público de la Iglesia e o mandato do bispo.
Para acceder a eles, os candidatos, homes e mulleres, deben reunir unha serie de condicións. Entre elas figuran ter entre 30 e 70 anos, completar a iniciación cristiá, acharse en situación canónica regular e contar con experiencia previa recoñecida na súa comunidade. Ademais, será necesario un informe escrito e o aval do párroco que acredite a súa idoneidade pastoral.
O itinerario previsto articúlase en varias fases. A primeira é a presentación da solicitude, que debe ir acompañada do informe parroquial e ser admitida polo bispo. Despois desenvólvese un período de formación discipular de, polo menos, dous cursos, con contidos humanos, intelectuais, espirituais e pastorais. Este proceso formativo xa se levou durante os dous últimos anos.
A etapa final será a institución e o envío litúrxico, presididos polo bispo, nos que se confire o ministerio e se encomenda o seu servizo a unha parroquia ou a unha UPA concreta. A iso súmase unha formación permanente, xa que o exercicio destes ministerios esixe actualización e acompañamento continuos, aínda que non teña carácter vitalicio.
Funcións de cada ministerio
O documento tamén precisa as funcións propias de cada ministerio, algunhas delas compartidas. Os lectores proclaman a Palabra na liturxia, coa excepción do Evanxeo, e poden animar escolas bíblicas, grupos de Lectio Divina ou celebracións dominicais en espera de presbítero.
Os acólitos asisten ao sacerdote e ao diácono na misa, poden distribuír a comuñón como ministros extraordinarios, coordinar aos monaguillos e expoñer o Santísimo para a adoración, sen impartir a bendición. Tamén poden presidir celebracións da Palabra.
Pola súa banda, os catequistas asumen a animación e coordinación da catequese nas súas distintas formas, desde a iniciación cristiá ata a formación permanente e a pastoral familiar. Ademais, colaboran na formación doutros axentes de pastoral e desempeñan unha función de coordinación na vida comunitaria.
Proxección diocesana
Coa aprobación destas orientacións, a diocese quere ofrecer un marco de referencia para os futuros candidatos e consolidar unha liña de traballo que xa comezou a dar froito nestes dous últimos anos. O obxectivo é que as UPA conten con persoas instituidas que poidan colaborar co ministerio ordenado na organización e animación das comunidades.
Quen desexe ampliar información pode poñerse en contacto co vigairo para a Sinodalidade, coordinador desta acción pastoral, a través do correo electrónico vic.sinodalidad@mondonedoferrol.org.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















