Bravos
Do 5 ao 13 de maio celebrarase no santuario de Bravos, no Concello de Ourol, a novena á Virxe de Fátima. Os cultos diarios terán os seguintes horarios: 20:00 horas, rosario e novena; 20:30 horas, eucaristía. O venres día 9 haberá un culto extraordinario cunha celebración penitencial ás 20:30 horas.
O domingo 11 celébrase o Día do Enfermo, cunha eucaristía ás 18:00 horas, rosario e novena ás 20:00 horas, e eucaristía e unción de enfermos ás 20:30 horas.
O martes 13 será a festa da Nosa Señora de Fátima, coa celebración do Rosario da Aurora e a eucaristía ás 09:00 horas; eucaristías ás 11:00 horas e 13:00 horas, esta última con procesión; e misa solemne e procesión ás 20:30 horas.
Saavedra
Do 14 ao 22 de maio celebrarase a novena á Virxe dos Milagres de Saavedra (Concello de Begonte). Ás 19:00 horas haberá rezo do rosario, a novena e a eucaristía, coa prédica de: do mércores 14 ao venres 16, don Javier Porro, vigairo de Pastoral da arquidiocese de Santiago de Compostela e párroco de Santa María de Pontevedra. Do sábado 17 ao xoves 22, don Rubén Ponce, vicechanceler da diocese de Lugo e párroco de Rábade e Outeiro de Rei.
O domingo 18, misas ás 11:30 e 12:30 horas, e na tardiña, ás 19:00 horas, novena.
O sábado 24 haberá misas cada hora desde as 07:00 horas, e a misa solemne serás ás 13:00 horas, presidida polo bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos. Pola tarde, desde as 17:00 ata as 20:00 horas Cadiñanos. O domingo 25 as misas fixáronse para as 11:30, 12:30 e 13:30 horas.
O domingo 25, misas ás 11:30, 12:30 e 13:30 horas.
Santa Rita de Xuvia
Do 14 ao 22 de maio, organizada pola Hermandad de Santa Rita e a parroquia (Concello de Narón), celebrarase a novena a Santa Rita, cos seguintes horarios: ás 18:00 horas, rosario, novena e eucaristía.
O xoves 22, festa de Santa Rita, coa celebración da eucaristía e a bendición da rosa ás 09:00, 10, 11, 12, 17, 18 e 19:00 horas. Tras esta última terá lugar a procesión.
Dos días 11 ao 13 de maio tambén vaise celebrar unha novena á Virxe de Fátima: o domingo 11, coa novena e a eucaristía ás 12:00 horas. E os días 12 e 13, co rezo do rosario, novena e eucaristía ás 18:00 horas.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















