Día do Mundo Rural, recreando o mundo da aldea

A delegación da Pastoral Rural convida a celebrar a toda a diocese, especialmente ás parroquias rurais, o Día do Mundo Rural, con motivo da festividade de San Cidre o vindeiro 15 de maio.

Baixo o lema «Recreando o mundo da aldea», editaron unha guía para a celebración da eucaristía que convidan a utilizar nas misas desa xornada ou de datas próximas. Trátase, segundo indica Manuel Regal, delegado de Pastoral Rural, de «reflexionar xuntos sobre o mundo rural, sobre os seus retos e esperanzas, sobre as súas transformacións e posibilidades«. «E», xunto a iso, salienta, «facer unha reflexión serena sobre como a Igrexa acompaña ás persoas que viven no mundo rural e é capaz de xerar esperanza nesta situación de cambio».


Pasos nunha pastoral rural misioneira: enquisa «A Igrexa e o mundo rural»

Precisamente nesa clave, a delegación realizou ao longo deste curso un traballo moi interesante de reflexión e encontro sobre a situación e propostas de avance no referente á Igrexa e o mundo rural. Para iso, a inicios deste curso 2024-25, presentouse unha enquisa para ser contestada libremente a nivel persoal ou en grupo. Tamén os equipos arciprestais de sacerdotes responderon e reflexionaron sobre esta enquisa. Coas conclusións, a delegación convocou hai pouco máis dun mes unha asemblea aberta a todos na que debateron algunhas desas liñas. Froito desa reflexión, publicaron un documento final onde se sinalan as liñas de acción e proposta concretas para avanzar nunha pastoral rural misioneira.

Devanditos documentos envíanse agora a todos os axentes de pastoral para que sexan acollidos e promovidos polos diferentes consellos, axentes e sacerdotes para avanzar nunha pastoral que se descubra máis encarnada cos problemas concretos do mundo rural, que acolla a súa realidade concreta e poida axudar a procrear comunidades capaces de renovar e recrear o mundo da aldea. No documento sinálanse algunhas das problemáticas máis graves do noso mundo rural, pero tamén as posibilidades que permiten a proximidade e a inmediatez. Sinálase tamén o reto de transmitr a fe ás novas xeracións e a urxencia de seguir formándonos en comunidades de vida que nos axuden e dean esperanza.

Para Manuel Regal e o equipo da delegación este documento supón «unha reflexión aberta que compartimos con toda a comunidade diocesana». «Facémolo con moita ilusión», destaca, «porque cremos que debemos achegar o noso gran de area para que as nosas comunidades rurais non desaparezan, senón que atopen na Igrexa ese lugar de identidade e de proxección que sempre tivo«. Remata cun desexo: «Gustaríanos moito que se coñecesen, lesen e reflexionen estas propostas para seguir sementando o Reino na nosa terra».


Materiais para descargar

Documento: «Persoas e comunidades cristiás no rural actual» – sen liñas de acción (PDF)
Documento: «Persoas e comunidades cristiás no rural actual» – con liñas de acción (PDF)
Guía para a celebración Dí día do Mundo da Aldea 2025

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas