O espazo de preservación familiar “San Aníbal Familia Educa”, que leva funcionando en Foz desde o pasado mes de febreiro, traslada as súas actividades ao CPR Nosa Señora do Pilar durante os meses de verán.
“Familia Educa” é un proxecto levado a cabo entre a Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e as Fillas do Divino Celo Rogacionistas e que conta con subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Trátase dun servizo gratuíto de prevención e formación no ámbito educativo e sociofamiliar, adicado a mellorar as condicións de convivencia nas unidades familiares que contan con nenos, nenas ou adolescentes e que se atopan nunha situación de certa vulnerabilidade.
O “Familia Educa” Verán desenvolverase entre o 26 de xuño e o 1 de setembro. Conta con capacidade para 24 rapaces (de 3 a 14 anos de idade) e o seu horario de conciliación cubre desde as 8:00 da mañá ata as 15:00 horas. Polo momento aínda quedan prazas dispoñibles (os interesados deben contactar cos Servicios Sociais do Concello de Foz).
Talleres, xogos, estimulación lectora e cognitiva, saídas lúdicoculturais no entorno son algunhas das actividades que ocuparán a meirande parte do programa, que será atendido por un pedagogo, unha psicóloga e unha educadora.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















