«El Espejo» (23.06.2023): Especial Xornada Mundial da Xuventude Lisboa 2023

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 23 de xuño de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Jorge Rodríguez, delegado de Pastoral Xuvenil

Entrevista ao delegado diocesano de Xuventude, Jorge Rodríguez. Con el faremos balance do ano pastoral que agora despedimos; tamén adiantaremos a última hora sobre a expedición diocesana que vai participar en Lisboa na Xornada Mundial da Xuventude; e de cara ao novo curso pastoral 2023-24, presentarémosvos a programación da delegación, que terá de novo na oración semanal na igrexa das Angustias de Ferrol un dos seus pratos fortes, e a celebración na nosa diocese no mes de setembro a Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil. E por último, coñeceremos como vai a inscrición no Campamento Diocesana, que está a piques de comezar.


Para pensar: «La ostra marina que descubrió su destino»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de xuño encárganse de preparala as Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Piñeiros (Narón).


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas