O Consello de Pastoral avanza na restructuración dos arciprestados e na implantación definitiva das UPA

O Seminario de Mondoñedo acolleu o pasado sábado 10 de xullo a asemblea de fin de curso do Consello Diocesano de Pastoral, presidida polo bispo Fernando García Cadiñanos e coa participación de doce dos seus membos constituintes.

Entre os principais asuntos tratados cabe salientar dous: dunha banda, a presentación oficial do documento “Proposta para reformar os arciprestados”, feita polo vigairo para a Sinodalidade, o sacerdote Antonio Rodríguez Basanta. Na súa intervención resaltou que o obxectivo da reforma dos arciprestados diocesanos é o de promover unha acción pastoral máis colexial e corresponsable, así como dinamizar a vida pastoral arciprestal como escola, como obradoiro e como fogar. Presentáronse dúas propostas de restruturación: unha con catro arciprestados (Ferrol, Terra Chá, Ortegal e A Mariña) e outra con tres (Mondoñedo, San Martiño e Ferrol). Acordouse que todos os membros do consello avaliarán as propostas formuladas e a nomenclatura dos arciprestados.

Doutra banda, presentouse un documento sobre o desenvolvemento das UPA na nosa diocese, recollendo aspectos relativos á súa identidade como «comunidade de fieis pertencentes a parroquias limítrofes, chamadas a formar comunidades vivas e orgánicas»; á súa organización (programación, servizos, actividades conxuntas, celebracións sen presbítero e relacións funcionais da UPA coa diocese e as delegacións); e ás accións evanxelizadoras a promover desde as UPA. Fixouse o curso 2025-2026 como o da constitución definitiva de todas as UPA de Mondoñedo-Ferrol.

Informouse tamén sobre a participación diocesana na Xornada Mundial da Xuventude 2023 de Lisboa, con sesenta e cinco mozas e mozos inscritos, e a actividade da Comisión PROTEGE, que coordina Concha Quintela, destacando a dispoñibilidade na páxina web diocesana do «Protocolo de prevención e actuación frente a abusos sexuais a menores e persoas vulnerables» e a “Guía de boas prácticas para a protección de menores».

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas