O grupo misioneiro Jatari impulsa unha Hora Santa vocacional en Guitiriz

  • Mozos e mozas, seminaristas e fieis participaron nun encontro de oración e convivencia

Este pasado sábado, 2 de maio, a igrexa parroquial de Santa María de Guitiriz acolleu unha Hora Santa de carácter vocacional, celebrada tras a eucaristía presidida polo párroco, Iván Darío Trujillo.

A oración foi animada polo grupo misioneiro xuvenil Jatari, vinculado ás Obras Misionales Pontificias (OMP). Na celebración, que puxo o foco na dimensión vocacional da fe, participaron numerosos fieis das parroquias da UPA de Guitiriz e Begonte, así como unha representación de mozos da pastoral xuvenil, acompañados polo delegado, Alberto Muñiz, e polos seminaristas da diocese.

A bendición co Santísimo Sacramento foi impartida por Óscar Fernández, párroco moderador de Guitiriz, delegado de pastoral vocacional e vicario para a evanxelización.

Tras a celebración, tivo lugar un ágape fraterno, durante o cal as integrantes do grupo Jatari compartiron o seu carisma e testemuño misioneiro cos asistentes.

Esta iniciativa enmárcase na Xornada Mundial de Oración polas Vocacións, celebrada o pasado domingo. O grupo Jatari acompañou a pastoral da unidade pastoral ao longo da fin de semana e prevé desenvolver unha misión neste territorio durante o vindeiro verán.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas