O Seminario de Lugo acolle este sábado a Xornada Interdiocesana da Pastoral Xuvenil

  • O evento, organizado polas delegacións das cinco dioceses galegas, ofrecerá un espazo de encontro para mozos e mozas de toda Galicia, con actividades de diálogo, testemuños vocacionais e unha eucaristía final

O vindeiro sábado, día 18 de outubro, ás 11:00 horas, o Seminario de Lugo será o escenario da Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil, organizada polas delegacións das cinco dioceses galegas. Este evento busca ofrecer un espazo de encontro para mozos de toda Galicia. A delegación diocesana de Pastoral Xuvenil de Mondoñedo-Ferrol abriu o formulario de inscrición para os interesados en participar (contacto no email: juventud@mondonedoferrol.org)

Durante a mañá, os asistentes terán a oportunidade de revivir a experiencia do Xubileu da Mocidade celebrado en Roma en agosto. As delegacións galegas propuxeron un espazo de diálogo cos mozos, inspirado no exemplo do papa León XIV, quen durante a vixilia de oración en Tor Vergata respondeu a preguntas sobre a amizade, o valor de decidir e a chamada a facer o ben.

Pola tarde organizarase un percorrido polas parroquias de Santiago a Nova, San Froilán e San Pedro, onde se presentarán testemuños vocacionais sobre o matrimonio, o sacerdocio e a vida consagrada. O encontro rematará ás 18:00 horas cunha eucaristía presidida polo bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, no templo catedralicio.

Cada ano, as delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia organizan esta xornada para que os mozos intercambien experiencias e compartan a súa fe, enriquecendo así a pastoral diocesana. A delegación de Mondoñedo-Ferrol súmase a esta iniciativa para fomentar a identificación, pertenza e corresponsabilidade eclesial entre os mozos, tanto a nivel diocesano como interdiocesano.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas