As delegacións de Familia das dioceses galegas organizan o 4º Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia, dirixido a aqueles matrimonios, sacerdotes, relixiosos e laicos que traballen con matrimonios e familias ou estean interesados en facelo.
O encontro celebrarase os días 19 e 20 de outubro no hospedaxe do mosteiro de Poio (Pontevedra). A acollida terá lugar o sábado 19 de 9:30 a 10:00 horas, para rematar o domingo tras o xantar. Dase a posibilidade de participar soamente na xornada do sábado, para o que é necesario contactar previamente coa delegación.
O programa
Co lema “Retos da Pastoral Familiar hoxe”, Fernando Vidal (doutor en Socioloxía e profesor da Universidade Pontificia Comillas, onde dirixe o Instituto Universitario da Familia) tratará de abrir portas e mostrar ferramentas que faciliten o traballo cos matrimonios e familias das nosas dioceses.
«No noso Plan Pastoral Diocesano«, sinala Mar Sarmentero, delegada diocesana de Laicos, Familia e Vida, «no punto 3.3. exponse o reto de atender especialmente á xuventude, matrimonios e familias, que se recolle da seguinte maneira: “E é que no proceso sinodal que estamos a vivir insístese, de forma practicamente unánime, na prioridade que debemos dar á mocidade e á familia (AL 200-204; ChV 206-207), pois é xustamente nestas pastorais sectoriais onde se pon en xogo o futuro das nosas comunidades. Por iso temos que adicar máis tempo, máis recursos, máis imaxinación e máis iniciativas a esta tarefa (ChV 209)…”. Por iso, convidámosvos a que participedes ou animedes a participar a persoas interesadas neste ámbito», remata.
Inscrición e contacto
Os prezos establecidos para a inscrición son os seguintes: Matrimonio (130 euros) e individual (75 euros), ambas con pensión completa (inclúe a comida e a cea do sábado, a pernoita e o almorzo e a comida do domingo).
Naquelas parroquias que queiran iniciar ou potenciar a pastoral familiar, desde a delegación diocesana convídasenos a animar a algún matrimonio para participar nesta formación. Deste xeito terán máis medios para realizar esa tarefa pastoral nas súas comunidades. Desde a delegación están á nosa disposición para axudar nas inscricións ou ante calquera dúbida no teléfono: 699 417 676 (horario de tarde).









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















