Onte domingo, 21 de setembro, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor García Cadiñanos, presentou no santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra aos novos párrocos da UPA de Begonte e Guitiriz, no contexto da festa das Angustias e da Natividade. A misa estivo moi concorrida, coa asistencia de fieis das distintas parroquias da zona de Begonte.
Na celebración leuse o nomemamento dos dous párrocos (os reverendos Óscar Fernández Expósito e o recentemente ordenado presbítero Darío Trujillo Valencia), quenes fixeron profesión de fe e publicamente expresaron a súa obediencia ao bispo. Logo, don Fernando entregou aos novos párrocos a distintos lugares da Igrexa, como o baptisterio, o confesionario ou as chaves do sagrario. Tamén os invitou a tocar a campá.
Na súa homilía, o bispo explicou o sentido das unidades pastorais e da corresponsabilidade de todos os fieis, xuntamente cos sacerdotes, na edificación da Igrexa.
Tras a misa desenvolveuse a procesión pola contorna do santuario.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















