Continuando co balance do curso achegámonos aos nosos arciprestados. Tócalle nesta xeira a Ferrol, arciprestado formado por 26 parroquias. Estivemos co seu arcipreste Pedro Rodríguez Paz.
Que é o que máis se traballou neste arciprestado ao longo do curso á luz do plan pastoral diocesano?
Pensar en diocese, dar pasos cara a un estilo en sinodalidade. Por este motivo fixéronse grupos do Sínodo e continuouse a traballar con eles con outros moitos temas. En grupo realizamos moitas reunións de formación, traballouse sobre os ministerios laicais, formación litúrxica… Preocupounos moito que se comprenda o sentido misioneiro da Igrexa e do noso compromiso cristiano; coido que é moi necesario entender ese sentido de salir á misión.
Durante este ano continuose coa formación integral dos nosos axentes de pastoral nas parroquias; dende grupos coma a HOAC afondaron na dimensión social da fe. Xurdiu un grupo de adultos non confirmados e levamos adiante un ano de preparación para vivir ese sacramento nesa etapa da súa vida. Continuamos co traballo cos matrimonios e cos cursos prematrimoniais.
En Ferrol contamos cunha actividade de formación que leva xa bastantes anos uníndonos nunhas xornadas, coma é a Aula Aberta. Neste curso achegámonos aos condicionantes da “era postcovid” a través de tres conferencias con gran participación e que se celebraron na sede de AFundación no Cantón de Molíns.
Un arciprestado cheo de colexios relixiosos e de testimonial presencia de relixiosos e relixiosas. Que significa esto para o arciprestado?
Unha riqueza, colaboran moito na pastoral e traballo arciprestal e existe una moi boa conexión, como acontece tamén coa riqueza que aporta a implicación, colaboración e traballo das confrarías de Semana Santa. Nas Escravas tivemos os nosos encontros mensuais de oración do arciprestado. Neste curso continuamos cos retiros de Advento e Coresma, coas vixilias, coa participación na Festa da Misericordia e outros eventos diocesanos…
Cómo se vive a marcha dalgunhas congregacións ou relixiosos despois de tanto tempo de presenza?
Con verdadeira pena e cun inmenso agradecemento ao compromiso e traballo de tantos anos nos que se fixeron familia con tantas xentes e xeneracións de Ferrol. Realizaron unha tarefa social impagable e que deixa unha grande pegada na vida de Ferrol.
Como vemos o mundo da xuventude?
A delegación de Xuventude realizou unha tarefa moi intensiva de promoción, formación, oración tódolos mércores. Fixeron un moi bo traballo realizando mercadillos e modos para axudar a xestionar os gastos para a viaxe a quenes tivesen maior dificultade. Un bo grupo de mozos e mozas de Ferrol estarán próximamente na XMX e alédanos moito a súa presencia e colaboración nas vixilias da Inmaculada, Pentecoste, e a súa implicación en moitas celebración e momentos do noso arciprestado. Todos eles, xunto a tantos xoves que se implican nas confradías e nas súas bandas de música, son esperanza de transmisión da fe e de futuro na tarefa dos vindeiros anos.
Entrevista: Javier Martínez Prieto







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















