Para o vindeiro 16 de maio convocouse un primeiro encontro de todos os seminarios maiores de Galicia. A cita terá lugar na localidade de Porto do Son (A Coruña), nunha leira pertencente á diocese de Ourense, habitual na celebración de encontros e retiros. A esta convocatoria están chamados os seminaristas pertencentes ao Seminario Interdiocesano Apóstolo Santiago, no que participa a nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, e tamén os seminarios maiores de Ourense e Lugo. Igualmente, están convocados os seminarios Redemptoris Missio de Lugo e Ourense.
O encontro terá lugar unicamente na xornada de mañá e consistirá, tras a presentación dos participantes, nun momento de conversación no Espírito e a celebración da eucaristía. Tras a comida visitarán a contorna e regresarán ás súas localidades.
Este tipo de encontros de seminarios é moi frecuente noutras rexións e contribúe a un traballo máis en comuñón e ao coñecemento dos propios seminaristas. Ademais axúdalles no seu camiño de resposta vocacional.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















