Reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica nas vésperas da solemnidade do Apóstolo

Como vén sendo habitual na véspera da solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu onte a reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago.

Estiveron presentes o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos; e o de Tui-Vigo, monseñor Antonio José Valín Valdés.

No encontro, celebrado no arcebispado de Santiago, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da Provincia Eclesiástica, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas