A Igrexa galega celebrará o vindeiro 15 de maio de 2025, ás 11:00 horas, un acto público de presentación da súa Memoria de Actividades da Igrexa en Galicia correspondente ao ano 2023.
O evento terá lugar no Hotel Oca-Porta do Camiño de Santiago de Compostela e reunirá aos bispos das dioceses galegas, entre eles monseñor Fernando García Cadiñanos. Ademáis do bispo, por parte de Mondoñedo-Ferrol está previsto que se desprace á capital compostelá unha representación das diferentes vigairías e delegacións, autoridades civís, militares e académicas e medios de comunicación con presenza no territorio diocesano.
Esta presentación é froito do traballo conxunto das cinco dioceses galegas que, tras o éxito da primeira edición, e nun exercicio de transparencia, queren dar conta do labor que a Igrexa católica desenvolveu na comunidade autónoma durante o ano 2023 en ámbitos como a pastoral, a acción social ou a actividade evanxelizadora. Nesta ocasión, o protagonismo recaerá en varias experiencias de vida, con testemuños relacionados co acompañamento a persoas presas, a realidade da trata de persoas e a presenza da Igrexa no rural:
· Raquel Fernández, educadora social e educadora de Alumar desde o ano 2020 (programa para o acompañamento e apoio de mulleres que se atopan en contextos de prostitución, trata ou explotación sexual de Cáritas Diocesana de Ourense).
· José Criado, reitor do santuario de O Corpiño e coordinador da unidade pastoral desa zona da diocese de Lugo, que agrupa once parroquias. Falará de como se organiza a pastoral nesa zona rural.
· Carlos Nottaro, migrante de Venezuela e pai de familia residente en Vigo desde hai catro anos. Ofrecerá o seu testemuño sobre como a parroquia de Santa Marta en Vigo lle axudou a integrarse na vida da cidade.
· Nieves Espiñeira, delegada da Pastoral Penitenciaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol e voluntaria no Centro Penitenciario de Teixeiro. Nieves compartirá o testemuño de dúas persoas presas que fala do valor da acción silenciosa e entregada dos voluntarios a favor dos presos e dos funcionarios, una experiencia de vida, de dor, sufrimento e sentido do fracaso na súa vida.
O acto, que se retransmitirá en directo a través de Youtube, está organizado polas secretarías de comunicación das dioceses de Galicia. Terá como presentador ao periodista da Cadena COPE Santiago Peón, coa colaboración de Paula Pájaro, redactora de COPE Santiago, e Raúl Alfonso, vigairo episcopal para o Patrimonio e o Sostemento da Igrexa da diocese de Ourense.
A Memoria 2022, II Premio Igrexa Sostible da Conferencia Episcopal
Coincidindo case no tempo coa presentación da nova Memoria da Igrexa en Galicia, celebrouse a pasada semana en Madrid as IV Xornadas de Sostemento da Conferencia Española. No seu programa oficial contemplábase a entrega dos II Premios Iglesia Sostible, uns galardóns que pretenden recoñecer o labor meritorio de todas aquelas entidades da Igrexa que se distinguiron pola súa corresponsabilidade no desenvolvemento da súa misión. Un dos premios recaeu nesta edición na provincia eclesiástica de Santiago, pola edición conxunta da Memoria económica e de actividades 2022 das cinco dioceses galegas, entre elas a nosa de Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
La Conferencia Episcopal reconoce la campaña diocesana «Cuenta con tu parroquia. ¿Podemos contar contigo?» y premia la Memoria de la Iglesia en Galicia
Las diócesis de Galicia presentan la «Memoria Económica y de Actividades» del año 2022
Vídeo-Testimonios de la «Memoria Económica y de Actividades de la Iglesia en Galicia 2022»
DESCARGA: Memoria de Actividades da Igrexa en Galicia 2022 (PDF)





Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























