O sacerdote diocesano Serafín Rodríguez García faleceu o venres 12 de xullo á idade de 95 anos de idade. O funeral e o enterro tiveron lugar onte domingo 14 na igrexa parroquial de Santa Marta de Meilán, en Riotorto. A capela ardente estivo instalada na basílica de San Martiño de Mondoñedo durante toda a xornada do sábado.
Don Serafín naceu na parroquia de Santa Marta de Meilán (Concello de Riotorto, Lugo) o 14 de setembro de 1928. Realizou os seus estudios no Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo de Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía.
Foi ordenado sacerdote o 31 de maio de 1958, en Mondoñedo. Foi cura ecónomo de Santa Catarina de Pousada e San Pedro Fiz de Baltar (1958-1963), e logo párroco ata o 1967. Nese ano pasou a ser párroco de San Lourenzo de Doso e San Salvador de Pedroso ata 1986. Ultimamente foi administrador parroquial de San Martiño de Mondoñedo e Santa Icía do Valadouro e logo párroco ata decembro de 2009. Exerceu tamén de vigairo parroquial de Santiago de Foz en 1990. Foi membro en 2006 da Comisión organizadora do XI Centenario do Nacemento de San Rosendo. Estaba xubilado desde decembro de 2009.
De don Serafín habería que destacar a súa gran capacidade para o sufrimento debido á precaria saúde que o acompañou longos anos da súa vida. Así mesmo a súa gran devoción á Virxe María, concretamente na advocación do Carme, e tamén como peregrino indo alomenos en varias ocasións a Fátima e Lourdes.
Ultimamente, xa xubilado e con bastantes anos vividos, soubo agardar con paciencia o desenlace dunha vida longa, axudado permanentemente pola súa familia.
Descanse na paz do Señor.
◼️ #OBITUARIO 🙏🏽 Falleció el sacerdote diocesano Rvdo. Serafín Rodríguez García @UpFoz
Funeral y entierro, domingo 14 a las 16:00 h. en la iglesia parroquial de Meilán #Riotorto
Descansa en paz pic.twitter.com/SI4dbn8t3U
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) July 12, 2024