O presbiterio diocesano celebrou onte en Mondoñedo a festividade do seu patrón
11 maio 2022.- Onte martes, 10 de maio, o presbiterio da nosa diocese celebrou a festa do seu santo patrón, san Xoán de Ávila. Como é costume celebrouse esta xornada no Seminario «Santa Catarina» de Mondoñedo, e foi presidida polo bispo Fernando García Cadiñanos.
Foron homeaxeaados os sacerdotes que celebran este ano as súas vodas sacerdotais: Vodas de prata (1997): Carlos Gómez Iglesias; Vodas de diamante (1962): José Díaz Rodríguez, Manuel Grandal Gómez, José María Ladra López, José Vázquez Mouriz e Gabriel Folgueira Teijeiro. Noraboa a todos!
A xornada contemplou o rezo da Hora Intermedia, a homeaxe aos sacerdotes cunha breve intervención de cada un, unha eucaristía e un xantar compartido.
Desde a delegación do Clero informan da convocatoria da próxima quenda de exercicios espirituais, que nesta ocasión serán dirixidos por Vicente Altaba Gargallo, sacerdote da diocese de Teruel e exdelegado episcopal de Cáritas Española. Serán no Seminario de Mondoñedo do 20 ao 24 de xuño.



Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























