«Tendía a queixarme da vellez dos fieis e do clero, pero traio outra visión…»

  • Sabela, laica da parroquia de Espasante, comparte como a peregrinación a Celanova lle devolveu esperanza e unión coa Igrexa

Souben da peregrinación diocesana a Celanova pola canle de WhatsApp da diocese. Apunteime ao momento, porque xa fun outras veces (Liébana, Roma…). As peregrinacións que organiza Chema, delegado de Peregrinacións e Camiño de Santiago, son de 10: atopamos cultura, arte, gastronomía, compañeirismo… e, sobre todo, facer camiño. Son momentos de gracia e conversión dos que vimos renovados.

Pouco sabía de san Rosendo, padroeiro da nosa diocese, pero puidemos rezar diante das súas reliquias en Celanova. E estou segura de que foi a mellor maneira de dalo a coñecer. O noso bispo foinos despedir e sempre nos acompañou a través do WhatsApp; en Ourense acolleunos don Leonardo, o bispo desta dioese, que tan cerca está e que moitos non coñeciamos de nada. Gustoume a súa acollida, como conectou as dúas dióceses e a súa homilía.

Mención aparte merece o viacrucis na capela do Santo Cristo. Foi unha experiencia emocionante porque o sitio préstase e os cantos de quen o dirixía, o vicario xeral da diocese de Ourense, chegáronnos á alma.

Reflexionando sobre esta peregrinación pensei o seguinte: sentinme membro da Igrexa como laica; case todos eramos laicos. Os sacerdotes que nos acompañaron (Óscar e Javier) e os que nos recibiron estaban aí acompañándonos no camiño, ofrecéndonos os sacramentos da penitencia e da eucaristía, a pesar das nosas limitacións, cunha entrega total (curas novos!), e penso que a gracia que se me concedeu foi ver a nosa diocese con esperanza, unida a outras dióceses galegas e, por suposto, á Igrexa universal; tendía a queixarme da vellez dos fieis e do clero, pero traio outra visión, somos o que somos pero valiosos aos ollos de Deus.

Vin agradecida.

Oseira, unha marabilla: a súa arquitectura e, presidindo a botica, Hildegarda de Bingen, doutora da Igrexa. En Celanova, atopamos a santa Ilduara, nai de san Rosendo, outra muller da Idade Media que nos serve como referente a todas as mulleres que peregrinamos, que case sempre somos maioría.

Sabela, parroquia de San Xoán de Espasante (CAP Ortigueira)

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas