Na mañanciña do martes 18 de xuño celebrouse na aula «Losada Quiroga» do Seminario Santa Catalina de Mondoñedo a toma de posesión do novo vigairo xeral diocesano, Gonzalo Varela Alvariño.
Na súa intervención tras o acto solemne, don Gonzalo agradeceu a confianza depositada nel polo bispo para exercer esta nova responsabilidade; lembrou emocionado á relixiosa María Fariña, Filla de María Mediadora, con quen coincidiu durante unha longa etapa na parroquia de Cedeira e que «foi unha nai para min», expresou; e púxose ao servizo de todos os diocesanos, esperando «estar a altura do que esperades de min nesta etapa que agora comezo».
O acto estivo presidido polo bispo da diocese, monseñor García Cadiñanos, e nel interviron, ademáis do novo vigairo, o secretario chanceler, Félix Villares e o exvigairo e bispo electo da diocese de Tui-Vigo, Antonio Valín, quen recibiu unha homenaxe por parte dos sacerdotes membros do Consello Presbiteral Diocesano, quenes o agasallaron cunha mitra, unha casula e unha alba.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















