Manos Unidas é una organización da Igrexa católica en España para a axuda, promoción e desenvolvemento dos países máis desfavorecidos. Ten dúas liñas de traballo: dunha banda, dar a coñecer e denunciar a existencia da fame e da pobreza, as súas causas e as posibles solucións; e doutra, reunir os medios económicos para financiar os programas, planos y proxectos de desenvolvemento integral dirixidos a atender estas necesidades.
O proxecto actual en Mauritania beneficiará a 250 mulleres vítimas de violencia
A delegación de Manos Unidas de Mondoñedo-Ferrol sensibiliza, neste momento, co proxecto «Atención materno-infantil e apoio a mulleres vítimas da violencia«, compartido con outras delegacións. O proxecto localízase nos barrios marxinais de Sebkha e El Mina (Mauritania). Ambos municipios teñen as súas orixes na gran seca que asolou o sur do país e que provocou unha migración interna da poboación rural. Sebkha e El Mina acumularon numerosas carencias (vivendas insalubres en barrios sen urbanizar, proclives a inundacións e sen estruturas socio sanitarias nin educativas) provocando dificultades de acceso á auga potable, contaminación ambiental e unha situación de gran precariedade. A poboación destes dous municipios (haratines) ten unha alta taxa de analfabetismo feminino e infantil, xa que os poucos que hai escolarizados abandonan os estudos; as nenas porque casan a idades moi temperás e os nenos porque teñen que incorporarse ao traballo para axudar ás familias. As mulleres son o grupo máis desfavorecido debido ao peso das tradicións. Dúas de cada tres sufriron algún tipo de violencia (conxugal, matrimonio precoz ou ablación).
O noso socio local, a Asociación Santé Globale, coñecedora da situación que afrontan as mulleres e as mozas, solicita a Manos Unidas un proxecto para contribuír ao seu fortalecemento, mellorando o seu acceso á atención materno infantil e apoiando ás vítimas de violencia conxugal. O proxecto beneficiará a 290 persoas. Co aporte de Manos Unidas, 250 mulleres embarazadas e lactantes recibirán coidados de saúde materno infantil e hixiene para reducir a mortalidade neo y post natal. Vinte profesionais da saúde mellorarán as súas competencias, atendendo ás nais e aos recén nacidos; mulleres divorciadas, superviventes de violencia conxugal, recibirán apoio psicolóxico y asesoramento. Todo iso coa achega de 38.826 euros.
20 de abril: Festival Solidario en Vilalba
Para contribuir económicamente a este proxecto solidario, a delegación convoca en Vilalba unha nova edición do Festival Solidario de Manos Unidas. Será o vindeiro sábado 20 de abril no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba ás 20:30 horas, cunha entrada solidaria de cinco euros. No acto actuarán a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba e a Asociación Cultural Mestura de Nete. Para desenvolvelo, Manos Unidas conta co apoio, ademáis do das agrupación intervintes, co do Concello de Vilalba, a Imprenta Junor, a Unidade Pastoral de Vilalba, María Xosé Lamas (presentadora) e ALLENTUM.