“Volta a Galilea”: reencontro dos Cursillos de Cristiandad en Ourense

  • A Dirección Nacional de Cursillos de Cristiandad en España convoca un encontro aberto a quen realizase algún cursillo ao longo da súa vida
  • A actividade celebrarase do 10 ao 12 de abril na Casa de Exercicios de Ourense

“Volve a Galilea, onde todo comezou”. Con este lema, a Dirección Nacional de Cursillos de Cristiandad en España lanza unha convocatoria especial dirixida a todos os que viviron esta experiencia algunha vez: un reencontro de cursillistas, un auténtico “cursillo de cursillos”.

A cita celebrarase en Ourense, do venres 10 ao domingo 12 de abril, coincidindo coa oitava de Pascua, na Casa de Exercicios, nun clima de convivencia, oración e alegría compartida. Participarán cursillistas de diferentes lugares de Galicia e doutras comunidades, co obxectivo de revivir xuntos o espírito orixinal dos Cursillos e fortalecer a ilusión do movemento.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do 20 de marzo a través do formulario en liña dispoñible neste enlace. O custe é de 110 euros, que poden aboarse o mesmo día da chegada ou mediante ingreso na conta ES11 2080 0150 7230 0018 3616 (destinatario: Cursillos de Cristiandad de Mondoñedo-Ferrol; concepto: Volta a Galilea + nome e apelidos).

O transporte organizarase segundo o número de participantes, e cabe a posibilidade de compartir coches desde distintos puntos de Galicia.

Unha oportunidade perfecta para reencontrarse coa fe, cos amigos e co entusiasmo de Galilea.

Para máis información na nosa diocese: vic.evanxelizacion@mondonedoferrol.org

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas