O equipo de Comunicación da diocese vén de crear unha nova forma de estar ao día de todo o que ocorre na nosa diocese. Trátase dunha iniciativa que vai un pouquiño máis alá do antigo servizo diocesano de WhatsApp, facilitando o acceso e a conexión a esta canle.
Ata o de agora, para darse de alta neste servizo, era obrigatorio enviar unha mensaxe ao número 686 74 86 79, coa palabra «ALTA» e indicando o nome e apelidos do solicitante. Pero con esta nova funcionalidade xa non será necesario. É suficiente con acceder a https://whatsapp.com/channel/0029VaE8pQPJUM2hpSqHz804 e darlle a «Seguir». Desta forma o usuario pasa a formar parte da comunidade diocesana en WhatsApp, integrada a día de hoxe por máis dun milleiro de seguidores.
Os antigos suscritores do servizo diocesano de WhatsApp non terán que facer ningunha acción e seguirán recibindo as mensaxes do xeito habitual.
Lembramos que a través desta canle a diocese comparte, de luns a venres, o evanxeo do día, noticias, axenda, avisos, fotografías, vídeos e toda a actividade nas redes sociais (tanto da diocese como das parroquias, UPA, confrarías e institucións oficiais da Igrexa), cun tratamento especial aos tuits do papa Francisco e do bispo Fernando García Cadiñanos.
Desde a secretaría de Comunicación da diocese anímannos a compartir coas nosas amizades e familiares o link de acceso para que a información diocesana chegue cada día a máis xente.
Esta nova funcionalidade activarase o vindeiro luns 13 de novembro.
Fotografía de portada: D. Pahariya







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















